viernes, 18 de mayo de 2018

17 de Maio: Día das Letras Galegas, día da nosa Lingua!


O pasado venres 18 de maio reunímonos todos os membros do colexio para celebrar o día das Letras Galegas que este ano se adicou a María Victoria Moreno.


Ao longo de todo o trimestre nas distintas titorías fóronse traballando cuestións en relación a esta celebración e a poeta a que se lle adicou. Como este ano inauguramos a Radio Fuco creouse un programa especial onde todos os alumnos/as foron vertendo todas as súas achegas. Podedes escoitar todos os programas no apartado correspondente deste blog.



Todos reunidos na Sala Castelao escoitamos os distintos programas e conversamos da relevancia de facer este tipo de celebracións.



Feliz día das Letras Galegas!

jueves, 17 de mayo de 2018

XXI Certame " Francisco Añón" de Poesía

Dende hai 21 anos o Concello de Outes organiza o Certame "Francisco Añón de Poesía" onde participantes a partir dos 6 anos ata a adultos poden participar enviado aquelas poesías de autoría persoal que se desexen. Dende o noso colexio, coma todos os anos, as distintas titorías participaron enviando os alumnos/as poemas creados por eles mesmos. Como son moitos os participantes de todo Galicia é moi dificil ser o gañador dalgún deste galardón, pero para nosa sorpresa o noso alumno de 1º de EP, Daniel García Barbeira foi un dos gañadores!!!!!

O pasado día 17 de maio (Día das Letras Galegas) celebrouse un fermoso acto pola tarde onde os premiados recibiron os seus agasallos e leron as súas creacións para todos os asistentes.
Deixamos aquí o poema de Dani que se titula "O meu avó Pepe" para que desfrutedes del.



Moitos parabéns Dani!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Visita de Paco López Barxas

O pasado mércores 16 de maio recibimos no cole a visita de Paco López Barxas que nos veu a falar das súas obras, en concreto de dúas centradas na cidade de Santiago de Compostela.



A través das súas obras Nemo e Sabela polos parques de Compostela e de Sar, Sarela e os monstros de Compostela; Paco fíxonos un divertido percorrido pola historia da cidade de Santiago facendo referencia a emblemáticos lugares e persoaxes así como a grandes obras que se poden ver na cidade.




Despois desta animosa charla e dun turno aberto de preguntas que resultou moi interesante, os alumnos de 4º e 5º prepararon unha entrevista para a Radio Fuco onde profundizaron un pouco na vida de Paco para coñecelo un pouco máis. Como non, podedes escoitar esta bonita entrevista neste mesmo blog no enlace correspondente.



Dende aquí queremos dar as grazas a Paco por vir e convidámolo a facernos unha nova vista cando el queira!

lunes, 7 de mayo de 2018

"POESÍA E VIOLÍNS" novo programa de Radio Fuco

Achéganse as Letras Galegas e con elas poñemos en marcha un programa de radio adicado ás mesmas, as nosas autoras e autores de poesía.

"POESÍA E VIOLÍNS" é un programa no que iremos recitando distintos poemas acompañándoos de músicas que nos suxiran un estado emocional próximo ao do poema recitado.

Deixámosvos o primeiro programa adicado neste caso a Antonio García Teijeiro e agardamos que vos guste.

martes, 24 de abril de 2018

viernes, 20 de abril de 2018

Visita de Paco Noguerias

Ola a tod@s!
Hoxe tivemos unha gran visita no noso cole. O autor Paco Nogueiras trouxónos a escola varias dos seus contos acompañado das súas persoaxes e dos seus instrumentos musicais. 


Grisela, Animais de compañía, A horta de Simón e outros contos foron cantados e interepratados por Paco para desfrute de todos os presentes.



Foi unha gran mañá cargada de risas e emocións cos contos de Paco!



Dende aquí dámoslle as grazas a Paco por vir a vistarnos!!