viernes, 24 de febrero de 2017

HORTIÑA DE ROSALÍA. 24 de febreiro

Como todos os anos por estas datas lembrámonos especialmente de Rosalía, e este ano, no marco do noso proxecto decidimos inaugurar unha hortiña, a súa hortiña. Esa hortiña que quería tanto e na que prantou figueiriñas. Nós prantamos distintos froitais, figueira tamén prantaremos, por suposto, e tamén algúns bulbos para darlle colorido coas súas flores.







jueves, 23 de febrero de 2017

ENTROIDO TRADICIONAL no Pepe de Xan Baña


Menudo entroido nos marcamos este ano. Foi apoteósico! E canto aprendemos da nosa cultura! Deixámosvos dous videos para que vós tamén poidades disfrutalo.




martes, 21 de febrero de 2017

Presentación do recanto MAKER

Hoxe fomos á Sala Castelao e presentamos o recanto MAKER e os elementos que nel podemos atopar e que serán instrumento para deixar voar a nosa imaxinación e crear.

Deixámosvos a presentación que pasamos ;)



lunes, 20 de febrero de 2017

RECANTO MAKER LISTO!!

O noso RECANTO MAKER está listo! Quedou xenial. Mirade!


Esta é a lona que deseñamos e colgamos no recanto maker:


viernes, 10 de febrero de 2017

PELIQUEIROS e XENERAIS

Da man de Marcos, o profe que sustitúe en 5º, e que é orgulloso Peliqueiro, tivemos a honra de ver un traxe verdadeiro e tamén de coñecer a un auténtico Xeneral da Ulla.
Ambos estiveron contándonos a historia de tan emblemáticas figuras, as tradicións en torno ás mesmas e a composición dos seus traxes. Que marabilla de traxes! 😍😍😍😍








viernes, 3 de febrero de 2017

Así vai a horta

Hoxe fomos ver algunhas cousiñas que estivemos plantando. Vimos as leitugas no invernadoiro, os repolos e o trigo e o centeo. Como medran!




Nina buena, Nina mala na Sala Castelao

Hoxe os artistas do noso cole ofrecéronnos un conto que nos demostra que ningún neno e nena do mundo pode ser sempre bo, nin malo aínda que o pretenda. Todas as persoas temos os nosos momentos e esa é a maxia de ser humanos.
Canto disfrutamos a est@s peques contadores de contos!